Para o peregrino que desexe ter como base o noso Galpón Boutique e non desfacer as maletas cada noite (poderás moverte en bus ou taxi, facilitámosche todos os contactos); para o amante do slow travel e de quen busque pequenos praceres; para unha fin de semana ou para unha escapada; para quen fuxa da cidade e queira ler, descansar, etc. Para o amante de paseos a pé ou en bicicleta ofrecemos excelentes suxestións.
Non queremos ofrecer só un aloxamento, senón tamén unha ventá aos recursos da comarca. Non podemos ofrecer un frenético ritmo de eventos, mais si podemos ofrecer a posibilidade de perderse nunha contorna rural e tranquila, degustando, descansando, viaxando e vendo. Trátase de andar e ver.
Alóxate connosco e fai que galpónboutique sexa a túa casa.
Se non queres desfacer maletas cada noite poderás utilizar Galpón Boutique como base, realizar as etapas e volver en taxi ou bus. Estás na túa casa.
Desde a vivenda en 30 segundos estarás camiñando baixo carballeiras, e pouco despois xunto a ríos e regatos e nunha paisaxe de aldeas, ou poderás facer algunha etapa do Camiño.
En bicicleta poderás pedalear ata castelos, pequenos mercados, praias fluviais. Se reservas unha semana connosco, poderás facer uso gratuíto das nosas bicicletas.