¿Para quen é Galpón Boutique?
Para o peregrino que desexe ter como base o noso Galpón Boutique e non desfacer as maletas cada noite (poderás moverte en bus ou taxi, facilitámosche todos os contactos); para o amante do slow travel e de quen busque pequenos praceres; para unha fin de semana ou para unha escapada; para quen fuxa da cidade e queira ler, descansar, etc. Para o amante de paseos a pé ou en bicicleta ofrecemos excelentes suxestións.
Regala Galpón Boutique
Goza do noso aloxamento e os nosos servizos, podes regalar esta experiencia. Vive o Camiño de Santiago ou regala esta experiencia en plena comarca de Ulloa.
Somos Pet Friendly
Vive a experiencia co teu mellor amig@, gozará do noso amplo xardín. En Galpón Boutique somos Pet Friendly!
O Interior
Un único espazo en planta baixa con cama matrimonial de 1,50 cm e posibilidade dunha supletoria, con sofá, TV, lavadora e cociña totalmente equipada. Xunto a este espazo hai un baño completo con ducha. Todo se proxecta sobre un xardín de uso privado a través de amplas e panorámicas fiestras.
O Xardín
Opinións
Reservas
Contáctanos para obter o mellor prezo!
Se estás no Camiño, consulta as nosas tarifas especiais.
E se queres aloxarte máis tempo e descubrir a contorna, consulta as nosas propostas para estancias máis longas.
Estamos en
Palas de Rei (Lugo)27200 Aldea de Abaixo
Teléfono
(0034) 623 55 38 79
info@galponboutique.com