Recuperamos a arquitectura tradicional para ofrecerche un espazo no campo, íntimo e exclusivo, a pé do Camiño Francés, preto do Camiño Primitivo e na comarca da Ulloa.
Trátase dunha pequena edificación proxectada sobre un xardín, para un máximo de dúas persoas. Ideamos un espazo para que esteas cómodo, unha “habitación con xardín”, pero para que desde el coñezas os recursos turísticos e gastronómicos do Camiño e da Ulloa.

Para o peregrino que desexe ter como base o noso Galpón Boutique e non desfacer as maletas cada noite (poderás moverte en bus ou taxi, facilitámosche todos os contactos); para o amante do slow travel e de quen busque pequenos praceres; para unha fin de semana ou para unha escapada; para quen fuxa da cidade e queira ler, descansar, etc. Para o amante de paseos a pé ou en bicicleta ofrecemos excelentes suxestións.

Non queremos ofrecer só un aloxamento, senón tamén unha ventá aos recursos da comarca. Non podemos ofrecer un frenético ritmo de eventos, mais si podemos ofrecer a posibilidade de perderse nunha contorna rural e tranquila, degustando, descansando, viaxando e vendo. Trátase de andar e ver.

Alóxate connosco e fai que galpónboutique sexa a túa casa.
Se non queres desfacer maletas cada noite poderás utilizar Galpón Boutique como base, realizar as etapas e volver en taxi ou bus. Estás na túa casa.

Desde a vivenda en 30 segundos estarás camiñando baixo carballeiras, e pouco despois xunto a ríos e regatos e nunha paisaxe de aldeas, ou poderás facer algunha etapa do Camiño.

En bicicleta poderás pedalear ata castelos, pequenos mercados, praias fluviais. Se reservas unha semana connosco, poderás facer uso gratuíto das nosas bicicletas.

Agasallo de benvida

Se te aloxas en Galpón Boutique premiámosche con estes produtos de Galicia, poderasche preparar un snack de benvida ou un completo almorzo