¿Para quen é Galpón Boutique?

Para o peregrino que desexe ter como base o noso Galpón Boutique e non desfacer as maletas cada noite (poderás moverte en bus ou taxi, facilitámosche todos os contactos); para o amante do slow travel e de quen busque pequenos praceres; para unha fin de semana ou para unha escapada; para quen fuxa da cidade e queira ler, descansar, etc. Para o amante de paseos a pé ou en bicicleta ofrecemos excelentes suxestións.

Agasallo de benvida

Produtos de Galicia para prepararche un snack de benvida ou un completo almorzo.


Descobre o agasallo

Regala Galpón Boutique

Goza do noso aloxamento e os nosos servizos, podes regalar esta experiencia. Vive o Camiño de Santiago ou regala esta experiencia en plena comarca de Ulloa.

Somos Pet Friendly

Vive a experiencia co teu mellor amig@, gozará do noso amplo xardín. En Galpón Boutique somos Pet Friendly!

O Interior

Un único espazo en planta baixa con cama matrimonial de 1,50 cm e posibilidade dunha supletoria, con sofá, TV, lavadora e cociña totalmente equipada. Xunto a este espazo hai un baño completo con ducha. Todo se proxecta sobre un xardín de uso privado a través de amplas e panorámicas fiestras.

O Xardín

De uso exclusivo para os nosos clientes: conta cunha zona verde con hórreo onde descansar ao aire libre (con mobiliario de xardín) e unha zona pisada de pedra tradicional: nosa “aira”. Tamén conta con espazo para aparcar un vehículo.

Opinións

Prezos

Máximo 3 personas

Regalámosche unhaescolla de produtos galegos para que poidas prepararte un snack de benvida ou un completo almorzo.
130€ / día

IVA incluido

Reserva xa

Reserva 7 noites e paga só 6

Poñemos á túa disposición días bicicletas mountain bike e suxerentes excursións a dúas rodas

Estamos en


Palas de Rei (Lugo)27200 Aldea de Abaixo

Teléfono


(0034) 609 92 38 12

E-Mail


info@galponboutique.com